Compartir
Resistencia (en Gallego)
Rosa Aneiros Díaz
(Autor)
·
Xerais
· Tapa Blanda
Resistencia (en Gallego) - Rosa Aneiros
Elige la lista en la que quieres agregar tu producto o crea una nueva lista
✓ Producto agregado correctamente a la lista de deseos.
Ir a Mis Listas
Origen: España
(Costos de importación incluídos en el precio)
Se enviará desde nuestra bodega entre el
Viernes 28 de Junio y el
Martes 09 de Julio.
Lo recibirás en cualquier lugar de Internacional entre 1 y 3 días hábiles luego del envío.
Reseña del libro "Resistencia (en Gallego)"
resistencia, a obra que constitúe o debut de rosa aneiros en xerais narrativa, percorre a historia política e social de portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século xx. mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os personaxes principais –dinís e filipa– artéllase un percorrido centrado na represión exercida en portugal durante as dictaduras de salazar e marcelo caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista; un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de dinís –un obreiro da fábrica de vidro irmáns stephen– e filipa –filla dun rico comerciante de coimbra–. dinís e filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias. o pinhal do rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. pero ninguén pode escapar ós designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron portugal ata a revolución dos caraveis. para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. e loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia.
resistencia é unha novela de amores afastados na que todo o move o amor, que case sempre nace inocente e que axiña se vai tornando complexo é difícil. unha novela memorable que se move entre a exaltación da resistencia política exercida por algúns personaxes e o amor entendido como algo cruel que converte as persoas en escravas. novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer; resistencia é, pois, toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio.
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
El libro está escrito en Gallego.
La encuadernación de esta edición es Tapa Blanda.
✓ Producto agregado correctamente al carro, Ir a Pagar.