Compartir
Entremés Galego ao Feliz e Real Parto da Nosa Raíña (1707)
Salvador Francisco Roel
(Autor)
·
Ramón Mariño Paz
(Autor)
·
Laiovento
· Libro Físico
Entremés Galego ao Feliz e Real Parto da Nosa Raíña (1707) - Salvador Francisco Roel
Elige la lista en la que quieres agregar tu producto o crea una nueva lista
✓ Producto agregado correctamente a la lista de deseos.
Ir a Mis Listas
Origen: España
(Costos de importación incluídos en el precio)
Se enviará desde nuestra bodega entre el
Lunes 10 de Junio y el
Miércoles 19 de Junio.
Lo recibirás en cualquier lugar de Internacional entre 1 y 3 días hábiles luego del envío.
Reseña del libro "Entremés Galego ao Feliz e Real Parto da Nosa Raíña (1707)"
Título: Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña (1707)
Autor: Salvador Francisco Roel
Editores: Anxo Angueira, Julio I. González Montañés,
e Ramón Mariño Paz
O Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña é obra de Salvador Francisco Roel. Foi representado na Coruña en 1707 e impreso en Compostela entre 1708 e 1712. Trátase dunha obra de teatro breve en verso na que participan seis personaxes populares: tres homes e tres mulleres. Estes reciben a nova, que despois celebran, do nacemento do príncipe herdeiro de Felipe V (o futuro Luís I) no contexto histórico da Guerra de Sucesión. O exemplar foi descuberto recentemente por Julio González Montañés dentro do campo das súas investigacións sobre o teatro en Galicia dos séculos XVI ó XVIII.
A pesar da súa brevidade, o interese histórico, lingüístico e literario da obra é extraordinario, dado que se trata do primeiro libro impreso en galego coñecido, o que retrotrae en cen anos a aparición da obra impresa en galego. Este dato cronolóxico por si só xa supón a necesidade dunha reformulación historiográfica dos denominados Séculos Escuros. Ademais de ramo momentáneo de outras importantes exhumacións do XVIII, o Entremés de Roel resulta unha peza clave para establecer unha especie de tradición literaria, aínda que feble, no campo do teatro galego durante este período.
Escrita nun galego rico e coidado, é unha obra que cómpre situar no contexto propagandístico do teatro e festas felipistas da Galicia de 1707, pero non exenta tampouco de certas críticas e do humor inherente ó xénero. Os seus valores históricos, lingüísticos e literarios son abordados aquí respectivamente por Julio González Montañés, Ramón Mariño Paz e Anxo Angueira.
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
✓ Producto agregado correctamente al carro, Ir a Pagar.