Reseña del libro "A terra cantada (Edición Literaria - Crónica - Xornalismo)"
camilo nogueira ofrece n’ a terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos últimos anos. precedido por un limiar , “o comezo do mundo”, o libro artéllase arredor de catro capítulos que son outros tantos eixos das preocupacións políticas do autor: o primeiro, “provincia ou nación” (onde aborda as cuestións referidas ao desenvolvemento do movemento nacional galego); o segundo, “a memoria e a amnesia” (no que reflexiona sobre as contradicións existentes sobre o papel de galicia, cataluña ou euskadi dentro de españa); o terceiro, “unha revolución histórica” (onde percorre e analiza os fitos decisivos do proceso constitucional europeo recente); e, por último, “o imperio declinante” (no que, dende a súa dilatada experiencia internacional, dá conta dalgúns dos acontecementos máis salientables da última década). nogueira ofrece un libro con unidade e grande coherencia pola súa intención explícita de propoñer ao lector como fío condutor unha reflexión sobre a construción do proxecto nacional galego nos últimos dous séculos. interpretación ou lectura non tanto como a historia dun nacionalismo concibido como ideoloxía, senón como unha proposta de liberdade, progreso e independencia que, cos seus erros e os seus acertos, reflicte a procura do autogoberno para galicia situarse como nación no mundo sen mediacións políticas estatais sacralizadas. nogueira enuncia unha ...