Reseña del libro "Tonas de laranxa (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego)"
" tonas de laranxa " , a novela gañadora do premio xerais2012, é, segundo os membros do xurado, un «acto de amor á lingua,arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame dolector ou lectora». construíndo un espazo imaxinario e marabilloso, anovela, escrita a dúas mans por maría lorenzo miguéns e manuel lorenzo baleirón, filla e pai, narra o que sucede nese espazo, chamadomoreira, no que se van tecendo as vidas, por veces insólitas, demoitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables, que se acomodan na imaxinación dos lectores e lectoras e estimulan os nosos sentidospara crear unha atmosfera intemporal, sutil e poderosa ao tempo.a través de uxío oliveira, da súa cativadora avoa aurora dos santos,do inmigrante amir alfarat e da súa filla oriana, do misteriosamentedesaparecido amaro e da curiosa peixeira sofía costa, e de tantosoutros personaxes, os autores constrúen unha fabulaciónextraordinaria, que debulla os pequenos feitos que suceden na vila demoreira. " tonas de laranxa " bota man dunha linguaxe enormementerica e fluída, evocadora. o resultado é unha novela de engaiolantebeleza e musicalidade. o tratamento do tempo e a importancia dosreloxos dota a novela, paradoxalmente, dunha estraña e doce sensaciónde atemporalidade, empuxando á pracidez, á beleza e ao preciosismo. -