Reseña del libro "tecnoloxías das comunicacións (en Gallego)"
neste volume ofrécese unha visión panorámica das tecnoloxías, servicios e redes que fan posible o asentamento da sociedade da información, enmarcada nunha percepción positiva, sen renunciar ó san escepticismo, do impacto destas tecnoloxías na sociedade, e da súa incidencia no futuro de galicia. non hai reto máis importante para un país a día de hoxe que incorporarse con plenitude a esta nova sociedade que as tecnoloxías da información e as comunicacións (tic) están transformando acelerada e imparablemente.
domingo docampo, rector da universidade de vigo é catedrático de teoría do sinal e comunicacións na ets de enxeñeiros de telecomunicacións, analiza o proceso de maduración das tecnoloxías da información e as comunicacións e o seu impacto sobre a sociedade galega. unha análise rigorosa e divulgativa na que se abordan aspectos como o desenvolvemento da rede internet, o valor social da información e a identificación da infofauna, o mundo da fibra óptica, as tecnoloxías para as comunicacións móbiles, os accesos vía satélite, as tecnoloxías da fala, as políticas de desregulación das telecomunicacións, o comercio electrónico, as características dos servicios (telefonía fixa, servicios móbiles e interactivos), o estado das redes institucionais e privadas en galicia. o volume remata cunha reflexión sobre as posibilidades de galicia na carreira dixital e na sociedade do coñecemento, formulando unha serie de propostas concre-tas dirixidas a estreitar a fenda dixital como reto de galicia cara ao futuro.
para o profesor docampo galicia xógase moito na carreira dixital xa que nos vindeiros anos haberá que tomar importantes decisións nos ámbitos públicos e privados que contribúan a acelerar a incorporación plena de galicia da sociedade da información. tecnoloxías das comunicacións quere animar o debate actual sobre o impacto das tic para lograr o maior grao de participación posible no deseño de estratexias que axuden a conformar o futuro da nosa socie-dade.