O Coello Federico (en Gallego)

Xosé Miranda · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Internacional

Reseña del libro

A renovada colección «Merlín» ofrece unha nova serie para os primeiros lectores: «Merliño». Libros de grande formato, ilustrados a catro cores, historias significativas, textos sinxelos, secuencias breves nuns libros concibidos para ser lidos directamente por novos lectores ou por persoas adultas a nenos máis pequenos. O coello Federico era un coello alegre, roedor e corredor, amigo dunha lebre e máis dun reiseñor. Tiña o labio partido e na boca un xeitiño divertido. Saltaba perseguindo as bolboretas e non podía manter as patas quietas. Farto de comer leitugas e cenoiras, atopou un día, fuxindo de raposas e rapinas, un campo cheo de morodos, dos que comeu tantos ata enfermar de indixestión. Mentres cura, os seus curmáns cómenlle tódolos froitos. Pero Federico prepara un plan para deixalos burlados, e dende entón nunca máis volveran facerllo. O coello Federico é un conto de tradición oral popular, reescrito por Xosé Miranda e ilustrado por Roberto Yepes. Como título da nova colección «Merliño» está concibido para ser utilizado directamente por primeiros lectores ou tamén, para ser lido por pais ou profesores a nenos máis pequenos.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes