o avión de cangas (en Gallego)

darío xohán cabana · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Internacional

Reseña del libro

belarmino é un pequeno avión de pasaxeiros que fai a liña de cangas a vigo. unha noite, mentres voaba polo ceo, estragóuselle unha das súas ás, e o aire e a lúa tiveron que axudalo. menos mal que de alí a un pouco, chegaron nunha lancha o ferreiro de tirán e mais john balan, vellos amigos de belarmino, que lle soldaron a á.un día, estando xuntos o ferreiro, belarmino e john balan, a quen salvaran dos irmáns dalton, souberon que o presidente de campasore, a compañía de transportes por mar, acababa de iniciar unha campaña contra belarmino, aproveitándose do accidente.belarmino ten cada vez menos pasaxeiros, entón monta coa axuda dos seus amigos unha compañía de mensaxes postais entre o sur e o norte de galicia. a compañía é un éxito total e todo volve ir ben para belarmino.un día de tormenta no mar, belarmino salva ó presidente de campasore, que estaba en perigo de morrer afogado. este, arrepentido, vólvelle ó avión o creto que lle quitara por mor do accidente. belarmino acada unha grande popularidade.co paso do tempo, o avión retírase e deixa a compañía noutras mans. el segue cos seus amigos e, de cando en vez, dá un paseo polo ceo da ría, para poder falar coa lúa e o aire, os seus amigos primeiros.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes