Nunca máis Galiza á intemperie (Edición Literaria - Crónica - Xornalismo) (en Gallego)

Suso De Toro · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Internacional

Reseña del libro

nas páxinas deste libro, urxidas por unhas horas altas e amargas, reconstrúese a crónica do primeiro mes da enorme marea negra que atacou a ribeira atlántica. dende os primeiros días do accidente do prestige, o escritor suso de toro foi relatando e interpretando nos medios de comunicación esta catástrofe ecolóxica e humana, sepultada baixo un cobertor de silencio interesado, e a súa transformación nunha crise na política galega, logo na política española e agora nunha crise da política do estado ante esta catástrofe de dimensións europeas e mundiais. suso de toro amosa nestas páxinas o seu convecemento de ter asistido durante este mes ao nacemento dunha nación; para el “o vello pole do orgullo nacional galego teimosamente gardado e transmitido atopou á fin un terreo humano no que prender. unha sociedade que o acolleu”. o escritor manuel vázquez montalban sinalou que estas vibrantes crónicas de suso de toro merecerían formar parte dunha posible historia universal da chapuza, título destinado a quen queira mergullarse nun dos capítulos menos estimulantes da conducta humana. nunca máis galiza á intemperie é un libro épico e comprometido, unha homenaxe aos mariñeiros galegos que, co seu valor e a súa determinación, nos deron a todos un exemplo de civismo e fecundaron o sentimento do orgullo de sermos galegos.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes