nesta guía da flora do litoral galego aparecen representadas preto de 500 especies vexetais que medran nos hábitats costeiros. todas elas foron fotografadas baixo condicións de luz naturais, durante a etapa de floración e no seu propio ambiente. nas fotografías, ademais, saliéntanse aqueles detalles máis característicos que permiten a súa identificación.cada planta vai acompañada dunha completa e rigorosa descrición que recolle datos sobre a súa ecoloxía, época de floración e posibles aplicacións medicinais. os autores, luís alberto sanmartín e helena lago, son doutores en bioloxía e experimentados investigadores das especies vexetais do litoral. a guía da flora do litoral galego contribuirá, sen dúbida, á conservación dos nosos ameazados espacios litorais.