O presente breviarioo pretende ser, ante todo, unha reflexion critica sobre o significado profundo da traducion literaria en claro e polemico contraste de partida coa traducion de tipo tecnico ou instrumental. Tras unha longa introducion reflexiva sobre o alcance e mailo valor da traducion da literatura, ofrecese un percorrido polas definicions de traducion que se foron desenvolvendo ao longo da historia divididas en duas grandes epocas, dende a Antiguedade ata a Ilustracion e dende o seculo XIX ata a actualidade-, continuando cun pequeno repaso aos grandes paradigmas teoricos actuais sobre a traducion, ainda que partindo dun profundo escepticismo sobre a utilidade real da teoria a hora da practica real. Finalmente, tras unha ollada ao modo de ensinar traducion nas universidades rematamos cun decalogo ludico de consellos practicos para traducir literatura.