don merlo con chaqueta (en Gallego)

helena villar · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Internacional

Reseña del libro

o libro consta de quince breves contos cos animais como protagonistas. uns animais que case sempre son os que corresponden á fauna propia do bosque galego: lobos, raposos, curuxas, paspallás, merlos, coellos... don merlo con chaqueta é un conto que serve de pórtico ós que veñen despois. nel, don merlo decláralle a dona bolboreta que sabe contar mil contos pequeniños . os que se nos ofrecen no libro son só unha mostra.atopamos contos con personaxes humanos ¡vaia aventura! , ana e o rato gonzález nos que se mestura realidade e fantasía. e atopamos sobre todo contos con animais de protagonistas (o león que devece por ve-lo mar, o paspallás que exerce de profesor doutros paxaros, o canario que arela ser presentador de circo...). na mellor tradición dos relatos de animais, os personaxes teñen un comportamento humanizado, o que lle serve á autora para pousar unha ollada tenra e irónica sobre moitos comportamentos da vida cotiá.algúns dos contos, finalmente, teñen como personaxes os elementos da natureza (o sol, o vento...), un recurso moi usado na tradición oral e moi eficaz para as idades dos lectores ós que vai dirixido este libro.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes