contos malvados (en Gallego)

xurxo borrazás fariña · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Internacional

Reseña del libro

contos malvados, é un libro de trece relatos, maiormente breves, que teñen todos eles por fío conductor que os unifica á morte, que vai dende o asasinato, ó vampirismo, pasando polo suicidio.como en todo bo libro de relatos, os que aparecen en contos malvados, o primeiro volume de borrazás, son coma un iceberg, o que lemos é sempre menos que o queda oculto baixo a auga, e outorga intensidade, misterio, forza e significación ó que aboia na superficie.a estudiante de filosofía que recupera plus valías nas librerías e nos hipermercados, como xeito de obter pracer... o gardacostas que reflexiona sobre a dificultade de protexer o presidente que ten que protexer e como as claves ridículas e absurdas da linguaxe cifrada que usan acabarán por causar un malentendido ou unha desgracia... o comisario que pretende averiguar quen é pierre menard, o personaxe de borges -a estirpe e a inspiración borxiana aparece en varios dos relatos, especialmente en iniciais e o poeta el - despois de recibir un enigmático anónimo... as vodas de ouro dunha parella de xubilados en puerto de la cruz, infelizmente rematadas no voo de regreso... as encargas que recibe o mendigo que come latas de callos fríos no cuarto da pensión despois de facer o seu traballo ... o dono da carnicería que parece matar a súa muller meténdoa na cámara frigorífica... a secuestrada que vive nunha cela na que lle sobra espacio cando durme, e xoga ó xadrez magnético cos seus secuestradores, soñando co deserto do sahara...contos malvados constitúe un excelente libro de relatos. o que cabería agardar dun narrador que sabe xogar coa ficción e coa realidade, para disfrute do lector.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes