brandón, fillo de ferreol (en Gallego)

palmira gonzález boullosa · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Internacional

Reseña del libro

esta novela, a segunda dunha triloxia, estructúrase en dúas partes. na primeira, coñecémo-la historia de ferreol, o xefe dun dos clans celtas que vivían en galicia.ferreol vai pedirlle ó reí artús que o acolla entre os seus, prometéndolle fidelidade. fanlle unhas probas que resolve con éxito, e é aceptado entre os súbditos do reí artús.coñece a dama rovena, coa que namora e casa. ferreol morre nun combate cos inimigos do reí artús. pauco despois, rovena dá a luz a brandón, fillo de ferreol.cando o neno tiña dous anos, ráptano as fadas que habitan na lagoa de antela. deirdre, unha das fadas, namórase de brandón e fai que permaneza canda ela, no fondo da lagoa.na segunda parte, cóntaseno-la vida de brandón na lagoa. o rei do mar e das augas castiga a deirdre por quedar co neno: non poderá velo con forma humana e, ademais, brandón poderá ver sempre a dama rovena, a través dun grande espello.a historia enlaza aquí co 1º libro da triloxía, a princesa lúa e o enigma de kián. brandón ve que a carón de súa nai rovena hai unha nena, a princesa lúa, filla do reí artús. rovena educa a lúa e, sen sabelo, vai tamén educando a brandón.lúa será a persoa elixida para desface-lo.maleficio que mantiña preso a brandón e, despois dunha serie de probas, conseguirá liberalo. lúa e brandón casan e desa unión nacen dúas fillas, que protagonizarán a terceira novela da triloxía.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes