a lenda da cidade asolagada (en Gallego)

antón castro · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Internacional

Reseña del libro

a historia que se nos conta transcorre nun tempo mítico e nun lugar, baladouro, que pertence a un espacio identificable como o das terras do concello de arteixo. alí nace un neno, estevo, e o cego de baladouro prognostica que o naipelo estará dotado de estraños poderes.o neno vai medrando e axiña se descobre que a profecía é certa, xa que estevo ten poderes máxicos. o cego regálalle un libro, o libro vermello, no que só o neno poderá ler; cando o saiba todo, as letras desaparecerán e o libro converterase en po.o neno medra, aprende e a profecía cúmprese. pero pouco despois comeza a chover sobre baladouro cunha chuvia interminable, ameazando con asolagar todo. curiosamente, a chuvia só cae sobre o seu lugar natal, polo que estevo decide descubri-las causas do estraño fenómeno.estevo emprende entón unha sorte de viaxe iniciática, durante a cal vai coñecendo diferentes personaxes (un bibliotecario, unha meiga, unha sombra, un vello escritor popular, un anano, un can mouro...) que lle van facilitando as pistas para que poida chegar a coñece-lo segredo que se agacha trala persistente choiva.finalmente, o segredo queda desvelado: un nubeiro é o que está a asolagar baladouro. estevo vai velo á súa cova e, gracias á forza da súa palabra, xa que o nubeiro devece por escoitar historias, consegue que faga desaparece-la maldición e baladouro acabe salvándose.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes